Isistius plutodus
Isistius plutodus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Isistius plutodus Garrick & Springer, 1964 | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Isistius plutodus
|
Isistius plutodus é unha especie de peixe elasmobranquio da orde dos escualiforme e familia dos dalatíidos,[2][3] unha das dúas integradas na actualidade no xénero Isistius.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1964 polo ictiólogo neozelandés Jack Garrick e o ictiólogo e herpetólogo estadounidense Stewart Springer.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Isistius plutodus é unha especie pouco común similar Isistius brasiliensis do que se difderencia sobre todo por ter os dentes do maxilar inferior moito máis grandes. A maioría dos individuos, ademais, carecen do «colar» escuro de I. brasiliensis.
Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 42 cm.[5][6]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Habita a profundidades de entre os 60 e os 200 m en lugares dispersos ao longo dos océanos Atlántico e Pacífico.
Posibelmente a súa distribuicón sexa circumglobal, pero na actualidade só se encontrou en lugares dispersos do Pacífico occidental e no Atlántico norte e sur.[7][8][9]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]É unha especie epibentónica (ca. 100 m de profundidade sobre a plataforma continental) e epipeláxico (profundidades de 60 a 120 m sobre o noiro continental con profundidades de fondo de entre os 815 e os 2 060 m; e 200 m sobre a fosa de Ryukyu con profundidade de fondo de 6 440 m), coa maioría dos espécimes recollidos cerca da terra.[6][9]
Hai pouca información dispoñíbel sobre a bioloxía de Isistius plutodus, xa que actualmente só se coñecen uns 10 espéecímes[6]
Costumes
[editar | editar a fonte]Aliméntase, como as demais especies do xénero, arrincando anacos de pel e carne de animais máis grandes, incluíndo osteíctioss, outros tiburóns e mamíferos mariños, sendo capaz de apañar bocados máis grandes que I. brasiliensis.
Sábese pouco do seu ciclo de vida; crese que non é tan bo nadador como I. brasiliensis e, posibelmente, sexa ovovivíparo como os membros do resto da súa familia.
É capturado pouco frecuentemente como pesca secundaria na pesca de arrastre e con palangre, pero non parece estar seriamente ameazado por estas actividades.
Ameazas
[editar | editar a fonte]Isistius plutodus rara vez é capturado accidentalmente nas pesqueiras de arrastre (peláxicas e bentónicas) e de palangre. O exemplar encontrado en Nova Gales do Sur (Australia) foi probabelmente capturado por arrastre na pesca de camaróns (non se sabe se se capturou no fondo ou cerca do fondo ou no medio da auga). [10] O exemplar dos Azores foi tomado por arrastre peláxico,[6] e os exemplares brasileiros foron recollidos en pesqueiras de palangre que operaron fóra de Santos, no sur do país. Recuperouse un exemplar unido a unha quenlla (Prionace glauca).[11][12]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta o relatado máis arriba considera que, aínda que se sabe pouco sobre esta especie, é probábel que estea amplamente distribuída e sen ameazas importantes aparentes e, polo tanto, avalíaa como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Kyne, P. M.; Gerber, L. & Sherrill-Mix, S. A. (2015): Isistius plutodus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 7 de decembro de 2020.
- ↑ Isistius plutodus Garrick & Springer, 1964 no WoRMS.
- ↑ Isistius plutodus Garrick & Springer, 1964 no ITIS.
- ↑ Isistius Gill, 1865 no WoRMS.
- ↑ 5,0 5,1 Garrick, J. A. F.& Springer, S. (1964): "Isistius plutodus, a new squaloid shark from the Gulf of Mexico". Copeia 1964: 678–682.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Zidowitz, H.; Fock, H. O.; Pusch, C. & von Westernhagen, H. (2004): "A first record of Isistius plutodus in the north-eastern Atlantic". Journal of Fish Biology 64: 1430–1434.
- ↑ Zidowitz, H.; Fock, H. O.; Pusch, C. & von Westernhagen, H. (2004): "A first record of Isistius plutodus in the north-eastern Atlantic". Journal of Fish Biology 64: 1430–1434.
- ↑ Last, Peter R. & Stevens, John D. (2009): Sharks and Rays of Australia. Second Edition. Collingwood, Victoria, Australia: CSIRO Publishing. ISBN 978-0-6430-9457-4.
- ↑ 9,0 9,1 Ebert, D. A.; Fowler, S. & Dando, M. (2021): Sharks of the World: A Fully Illustrated Guide. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. Princeton Field Guides. ISBN 978-0-6912-0599-1.
- ↑ McGrouther, M. A. (2001): "First record of the large-tooth cookie-cutter shark Isistius plutodus from Australian waters". Memoirs of the Australian Museum 46 (2): 442.
- ↑ Amorim, A. F.; Arfelli, C. A. & Fagundes, L. (1998): "Pelagic elasmobranchs caught by longliners off southern Brazil during 1974–97: an overview". Marine and Freshwater Research 49 (7): 621–632.
- ↑ Sadowsky, V.; Arfelli, C. A. & Amorim, A. F. (1988): "Primeiro registro de ocorrência de Isistius plutodus (Chondrichthyes) no hemisfério sul". Suplemento de Ciência e Cultura, Cientistas do Brasil SBPC 40 (7): 919.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isistius plutodus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Isistius plutodus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, J. S. (2016): Fishes of the world. Fifth edition. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.
- Compagno, Leonard J. V. (1984): Fao species catalogue. Vol.4. Sharks of the world. An annotated and illustrated catalogue of shark species known to date . Rome: FAO. ISBN 92-5-1013-837.
- Compagno, Leonard J. V. & Hamlett, William C., ed. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6048-2.
- Compagno, L., Dando, M. & Fowler, S. (2005): Field Guide to the Sharks of the World. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. Princeton Field Guides. ISBN 978-0-6911-2072-0.